Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas

sábado, 11 de febrero de 2017

A maior parte das persoas non me sorprenden mais ti non eres a maioría


A estas alturas non espero cas persoas me sorprendan (para ben) e, sen embargo, consiguen facerlo. Ou, máis ben, ti consigues facelo. Aos teus trinta e cinco anos eres ti o que me abre os ollos, quén decide non conformarse, quén se comporta coma un buscador, coma mín. E eu, gran buscadora que se acomodou ao estilo do Hobbit que ti eras, volve con máis forza que nunca; orgullosa e admirada. Con ganas de te seguir ao fin do mundo (realmente, de me seguir xa que as ganas de voar eran miñas hai apenas dous anos). Agora que me acostumbrei. Por unha vez que me acostumbrei, ti queres voar. E eu sorpréndome, namórome un pouquiño máis de ti. Toda a miña vida na busca dun compañeiro de viaxe e, cando xa non o necesito, atopo ao único ser humano que é capaz de me seguir tanto coma eu lle seguín. Sinto esperanza no ser humano. Sinto que creo nesa capacidade que ten de me sorprender. E todo grazas á túa valentía. Sabía que eras moitas cousas pero hoxe, hoxe eres un héroe.

domingo, 8 de enero de 2017

A nós


Escribo para nós, para eses nós futuros e por eses nós pasados aínda que o único que, de verdade, me interesa eres ti e máis eu e máis agora. Os agoras que ninguén cre de nós. Os agoras que sabemos que son o noso tesouro segredo, o noso gran presente. Sempre gardarei isto, bacalhau. Sempre. Seica Apolo e Dafne poden engañar aos demáis pero, dende logo, non teñen ningunha intención de se mentir a se mesmos.

martes, 6 de diciembre de 2016

Sempre adiante


As lembranzas son a condena de nos, os buscadores. O tobo vai enchendo de mortes de amizades, dun pasado que non sempre é o que quereríamos que fora. Que é? Que é todo isto senon un xogo ridículo de famas, ascensos e caídas, de baleiros por encher (ao igual cas cuncas de cervexa que ti e máis compartiremos polo camiño de cara a esa morte que cada vez é máis familiar para nos).

E pensarmos: "Por qué proseguir cunha existencia baleira e sin sentido?"
E respondermos: "Por qué non?"

viernes, 2 de diciembre de 2016

Non me falles, eu do futuro


Lembras que che pedín que si algún día quería botarte do meu lado que non me deixaras? Ese día xa pasou. Ti e máis eu o sabemos. Pero agora, agora estoume a boicotear. Fagoo sempre. Non son capaz de manter unha maldita relación sen sometela a miles de probas estúpidas que nin eu mesma sei controlar. Sempre cun pé fora, a punto de saír correndo e non volver. Mais como dicirme a mín mesma que eres das mellores cousas que me pasaron na vida? Que non a cague? Que non teña dúbidas (malditas dúbidas)? Fácil. Só vivir, como rezaría Skalariak hai xa...demasiados anos.

miércoles, 30 de noviembre de 2016

Love is knowing we can be



Quénes seremos, meu? Quénes?
Seremos deuses húmidos e carnais. 
A noite da maleta de alcol. 
O día do polbo en Concheiros
e o polvo de despois. 

Quénes seremos, jhato? Quénes?
Seremos Apolo e Dafne contra as cordas.
Ti tras de mín e eu fuxendo, querendo ser libre
até que termine o meu turno.
Eu tras de ti e ti dominando o mundo, querendo ser un antihéroe
até que remate o teu turno. 

Quénes seremos, bacalhau? Quénes?
Seremos o que queramos ser.
Salvaxes empapados en alcol,
húmedos e carnais. Seremos libres e dominaremos o mundo.
Seremos antihéroes
...
até que termine o noso turno.


lunes, 21 de noviembre de 2016

Novembro no tobo


Préstoche unha das miñas palabras favoritas en castelán que por fin descubrín en galego; tobo.

No tobo de Dédalo e Ícaro.
De Alicia e o gato con botas.
No tobo dos dous e de cada un.
Brincar de tobo en tobo. 
Descubrir novos tobos.
Redescubrir vellos tobo.
No tobo de Dafne a Apolo.

O tobo das utopías e dos soños que compartimos. O tobo ónde sentirmos seguros.
Préstoche parte do meu tempo nesta vida para que, coa mirada escintilante de dous nenos zacandiles, descubramos o infinito nun intre.

"La madriguera de los buscadores"

martes, 25 de octubre de 2016

A batalla dos nenos que querían ser inmortais


Non me quites a roupa esta vez.
Deíxama posta por si acaso esquivo á morte. 
Que si as sociedades crearon relixións,
matrimonios e, en definitiva, cadeas 
foi para tratar de esquivar ao inevitábel fin. 

Baixa os estores para que non nos vexan
conxurar o máis próximo á inmortalidade 
que estaremos xamáis. 
Ti arrancándome a alma a mordiscos
eu desarmándote a susurros cos labios pegados
a túa gorxa.
Abre a caixa dos desexos que cerráramos
para deixar pasar ás viaxes, aos amigos,
ao alcol, ao tabaco, ás noites da maravilla,
aos soños de gloria, ao traballo complaciente,
ás noites ben durmidas e aos silencios da 
costume. 

Acerquémonos ao vacío para catar 
a morte máis doce e máis húmeda. A morte
dos beizos e o clítoris. A morte das nosas
ambicións mutuas. Da loita de poder na que os dous gañamos.

Abandonamos para sempre o campo de 
batalla das palabras, o orgullo e a ausencia
para rendir tributo á deusa Mad unha vez 
máis. Desta volta nos prometemos que 
a única batalla entre ti e máis eu será
follando ou non será. 

jueves, 22 de septiembre de 2016

A moza que falaba de caleidoscopios e o home que falaba de sal

Chica: Érase unha vez un caleidoscopio. Un chico e un caleidoscopio. O caleidoscopio era o seu increíbel xeito de ver o mundo.

Chico: (Ríe) Qué bonitiña. 

Quérote muitísimo. 

Chica: :)

Chico: Podes facerme un favorziño? Deixei o peixe para facer despois. Podes poñer un pouco de sal si tes tempo? 


domingo, 11 de septiembre de 2016

A lenda da ledicia máis imperfecta do mundo


Estes versos empezan cun "NON" en maiúsculas.
Estas palabrasnon teñen ren de amor ideal, nin de mentiras enmascaradas.
Estes versos van máis das mordidas e os beizos encarnizados e encarnados.
Estas palabras queren lembrar a sudor. lágrimas, risas e miradas confidentes.
E nada máis.
Porque esta historia non é a clásica lenda de ledicia sen fisuras.
Porque non hai universo que non se forme con grandes colisións,
con expansións e contraccións, con inmensas explosións.
Porque a nosa casual xuntanza imperfecta é vida en cada recuncho e vibra e se estremece e inunda todo o universo e desafíame a cada instante.
E nada máis.

miércoles, 31 de agosto de 2016

Uróboros

Nordkapp viaxes galiza

Coñecimos as lendas do uróboros ao mesmo tempo. Ou quizáis non? Para mín foi no momento no que me cansei de escoitar High Hopes e descubrín que sempre tiven na mente o río de Heráclito, aínda cando non sabía que Niezstche tivera a mesma obsesión por ek filósofo obscuro ca min.

Dende entón, perseguín o uróboros en cada río, en cada océano, en cada carretera. O insólito fíxose evidente cando chegamos a Nordkapp e o uróboros estaba connosco e, o máis sorprendente: que sempre estivo aí, que foi a miña akisinas moito antes de que coñecera ese nome, esa definición sin alma. Hoxe, con vento e de cara ao polo norte, máis que nunca, somos uróboros. Forever and ever.

domingo, 31 de julio de 2016

Poesía sen palabras



Nesa noite escintilante (Lembras? Non a lembrarás) éramos héroes.
Non sabíamos de normas nin leis nin restricción.
Vivíamos "a cada hora esclavos de la intensidad" (que tenros eses tempos nos que admiraba a Roberto Iniesta, antes de descubrir que era gilipollas).

Nesta noite...

Nesta noite somos libres. Libres do que nos avergoñábamos.
Xa non somos esclavos da intensidade nin da "extensidade".
Somos dous mortais que cren ser inmortais e, aínda así, siguen xuntos.

jueves, 7 de julio de 2016

Rutinas#


Decidín que non podía vivir (ben) sin a túa presencia real ou virtual un día calquera, despois de unha farra xuntos, unha dos moitas que estes dous crápulas con forma de chave e cerradura viveron. Descubrino porque nesa pérfida mañana non estabas ao meu carón na cama. Fun cabizbaixa cara ao salón. A ver que demos pasaba. Na mesa, unhas doce cervexas baleiras, pitillos e tabaco de liar polo chan. E lembrei que me susurraste cando te fuches a traballar que me preparaste zumo de laranxa e café. E decidín que non quería vivir (mal) sin a túa presencia ...tan real.

martes, 7 de junio de 2016

O que opiño do amor


Sempre dixen que o amor non existía, que eran un montón de hormonas amontonadas nos meus axones, natureza o chámao queiras. 

E aínda sigo a pensalo. 

E, desde que te coñezo, teño moitas, moitísimas ganas de equivocarme. 

jueves, 2 de junio de 2016

"Cada un acepta o amor que cree merecer"


Hai películas que chegan dos décadas tarde, que me lembran ao "wallflower" que fun - que fumos -.  Y, aínda que uns tintes de melancolía aparecen na miña mirada llorosa cando penso no meu propio pasado en "The perks..." (sé que ti tamén) non podo evitar mirarme agora, ao longo do camino, y sentirme orgullosa de todo; do que vivín y do que me espera pero, por encima de todo, do que estou vivindo neste presente continuo; contigo, con esas poucas amigas que se contan, apenas, cos dedos de duas manos pero que son 100% as que eu escollín, agora, conscientemente. Un presente continuo no que traballar é un auténtico pracer - a pesar de que trate de engañar ao entorno próximo, quizais porque nunca me gustó alardear do moito que me gusta o que fago e do ben que estou -. Se en este presente continuo no que as mudanzas son unha parte maravilhosa e preciosa do noso día a día, dunha eternidade que trasciende, descubro que estou ónde sempre quisen estar; soñando coas viaxes contigo, coas amigas e conmigo mesma. Cun compañeiro que estará ao meu lado (nin diante nin detrás) durante o resto das nosas vidas para non perderse nin un fotograma dos meus momentos de felicidade, para me acompañar nos de tristeza, para rir até que nos dóa a tripa, para deescubrir todo o que o sexo e a vida pode darnos, para aprendelo todo, para ser inmortais. Si, definitivamente, aceptamos o amor que creemos merecer. Ni máis nin menos.

jueves, 26 de mayo de 2016

E a falar pasan os días que nos quedan para irmos


Non te quero
Nin me queres
Esas palabras non significan nada aínda que falar sexa 
o noso deporte favorito (despois do que ti xa sabes).

Só quero que existas, así, feliz. Vivir a ledicia
perto de ti, ao teu lao, ti ao meu.
Quero que queiras vivir neste soño noso 
(e no teu soño propio).

E mentres tanto?
Falando pasan os días que nos quedan para irmos.

viernes, 13 de mayo de 2016

Ti sílbame... e xa vou!


Cando chegan as boas novas é complicado afrontalas sen meu. Toda a xente debería ter un meu, unha persoa que - sin ser a súa familia - lle dé un empurrón co destino aos seus soños. É como a patada da que falaban en "Inception". É un "desperta, cona!Conseguirás o que queiras, ti podes facelo". Cando iso sucede, cando existe un meu que sempre está aí, que é a túa familia, o teu mellor amigo, quén te libera e te di; ábrete ao mundo, demostra quén eres e o que vales. Non deixes que che poda o medo. 

Coñece máis e máis xente, coida aos amigos que REALMENTE fan que te sintas ben y sé libre (ksss). Cando iso sucede, cómo no sentir que este premio e tan teu como meu? Cómo non pensar...e agora...o teu turno de gañar? Cómo non crer que todas as persoas as que admiro poden?A democratización do arte en galego, a loita porque este sexa un país repleto de cultura, o meu soño de participar nesta cultura, nesta loita. Nestes días chuviosos no que ti eres o sol, no que unha nena mírame e faime chorar. E dime; O conseguimos! Estamos no primeiro nivel! 

Despois de tanto e tanto. Despois de anos e anos escribindo e escribindo e escribindo descubro que esa nena estaba sempre aquí dentro, nas miñas entrañas e que agora empeza a sentirse vengada pola adulta que consigue o que se propón. Custó, custó tanto que, Cómo non chorar?Agora como non chorar como una nena? Despois de tanta frustración, da ansiedade, de anos e anos engañandome a min mesma, procrastinando, evadiéndome dos miños monstros debaixo da cama? 

Agora quero gritar baixo a chuvia. Dirán que é unha tontería e pode que o sexa pero a min ninguén regaloume nada. Partín da base de unha familia obrera que quería verme feliz. Nada máis. Eu sempre quise ser "alguén" como diría Marie Curie nunha bio que lin con quince anos, entre lágrimas. Despois coñecín a Bette Davis e o seu "o fixo da mañeira difícil". 

Francamente, ter trinta anos non axudoume a que termiñara a frustración. E xusto cando crin que non podería, que non era para tanto...aí está. E non é para tanto. É agora quero que todos gañen todo. Que todos sexamos partícipies. Agora que, por fin, alguén sabe o que fluye moi dentro de min, xa da igual. Só quero facer o que fixen desde niña...escribir.

E ti non estás pero estás máis presente que nunca, non o olvides. Ti e máis eu somos un equipo...un equipo de cagarse :)

lunes, 2 de mayo de 2016

Las Reglas del Juego

1#Nadie habla del club.
2#El juego se debe respetar sobre todas las cosas
3#En el juego tú sangras, yo sangro
4#El juego no se acaba hasta que ambos hayan sangrado al gusto del otro
5#Pierde quién llegue a ser antes un tarro de mermelada vacío

ENJOY!

martes, 19 de abril de 2016

Palabras raras para ti



Vou a recitar palabras raras para ti, 

para que queden na túa memoria,

che guste o non (espero que si che guste).

Vou a recitar ataraxias para ti, 

desesperanzas e inexperiencias,

che gusten o non (si che gustan, mellor).

Vou a recitar paroxismos para ti,

intensidades e pasiones interminabeis,

che gusten o non (dime, por favor, que che gustan).


Palabras raras para non dicirche a palabra máis normal do mundo, a que se din as persoas sin pensala, sin sentila, poco sinxelos. Vouche dicir todas as demáis palabras menos esa, tal vez "tulipán". Pode que "Miña rakkastan sinua". Pero por nada do mundo (con trampas) che direi esa palabra, esa que aínda non sabes cal é. Aínda non. Espero recitar palabras raras, mellor, que xa sei que che gustan. 

miércoles, 13 de abril de 2016

"Si (durante el vuelo) me pasará algo.." dijo Gagarin


Antes de que Gagarin tocara las estrellas, le escribió una carta a su compañera de vida diciéndole; "por favor, si me pasa algo no mueras de dolor. ¿Acaso hay algo más a lo que pueda aspirar un ser humano (a acariciar el universo desde fuera de nuestra atmósfera)?"

Hoxe eu douche a miña propria carta. Nela che direi que non teño intención algunha de morrer. Nin neste día chuvioso en Compostela nin ningures. A miña voluntade - porque esa quero que sexa a miña vida; unha viaxe na que a miña voluntade sea o meu único deus - é vivir perto do meu compañeiro, perto dos soños, das entrañas das cousas e dos pensamentos, das ideas e dos amañeceres na furgo. É unha viaxe que xa comezou fai tempo pero que, hoxe, é o mellor plan que poderíase ter; my Huckleberry friend, moon river and me.

E si pasara algo? Claro que pasará. Está pasando; é a vida. E é toda nosa ;)