Páginas

miércoles, 30 de noviembre de 2016

Love is knowing we can be



Quénes seremos, meu? Quénes?
Seremos deuses húmidos e carnais. 
A noite da maleta de alcol. 
O día do polbo en Concheiros
e o polvo de despois. 

Quénes seremos, jhato? Quénes?
Seremos Apolo e Dafne contra as cordas.
Ti tras de mín e eu fuxendo, querendo ser libre
até que termine o meu turno.
Eu tras de ti e ti dominando o mundo, querendo ser un antihéroe
até que remate o teu turno. 

Quénes seremos, bacalhau? Quénes?
Seremos o que queramos ser.
Salvaxes empapados en alcol,
húmedos e carnais. Seremos libres e dominaremos o mundo.
Seremos antihéroes
...
até que termine o noso turno.


lunes, 21 de noviembre de 2016

Novembro no tobo


Préstoche unha das miñas palabras favoritas en castelán que por fin descubrín en galego; tobo.

No tobo de Dédalo e Ícaro.
De Alicia e o gato con botas.
No tobo dos dous e de cada un.
Brincar de tobo en tobo. 
Descubrir novos tobos.
Redescubrir vellos tobo.
No tobo de Dafne a Apolo.

O tobo das utopías e dos soños que compartimos. O tobo ónde sentirmos seguros.
Préstoche parte do meu tempo nesta vida para que, coa mirada escintilante de dous nenos zacandiles, descubramos o infinito nun intre.

"La madriguera de los buscadores"