Páginas

jueves, 22 de septiembre de 2016

A moza que falaba de caleidoscopios e o home que falaba de sal

Chica: Érase unha vez un caleidoscopio. Un chico e un caleidoscopio. O caleidoscopio era o seu increíbel xeito de ver o mundo.

Chico: (Ríe) Qué bonitiña. 

Quérote muitísimo. 

Chica: :)

Chico: Podes facerme un favorziño? Deixei o peixe para facer despois. Podes poñer un pouco de sal si tes tempo? 


domingo, 11 de septiembre de 2016

A lenda da ledicia máis imperfecta do mundo


Estes versos empezan cun "NON" en maiúsculas.
Estas palabrasnon teñen ren de amor ideal, nin de mentiras enmascaradas.
Estes versos van máis das mordidas e os beizos encarnizados e encarnados.
Estas palabras queren lembrar a sudor. lágrimas, risas e miradas confidentes.
E nada máis.
Porque esta historia non é a clásica lenda de ledicia sen fisuras.
Porque non hai universo que non se forme con grandes colisións,
con expansións e contraccións, con inmensas explosións.
Porque a nosa casual xuntanza imperfecta é vida en cada recuncho e vibra e se estremece e inunda todo o universo e desafíame a cada instante.
E nada máis.