Páginas

martes, 19 de abril de 2016

Palabras raras para ti



Vou a recitar palabras raras para ti, 

para que queden na túa memoria,

che guste o non (espero que si che guste).

Vou a recitar ataraxias para ti, 

desesperanzas e inexperiencias,

che gusten o non (si che gustan, mellor).

Vou a recitar paroxismos para ti,

intensidades e pasiones interminabeis,

che gusten o non (dime, por favor, que che gustan).


Palabras raras para non dicirche a palabra máis normal do mundo, a que se din as persoas sin pensala, sin sentila, poco sinxelos. Vouche dicir todas as demáis palabras menos esa, tal vez "tulipán". Pode que "Miña rakkastan sinua". Pero por nada do mundo (con trampas) che direi esa palabra, esa que aínda non sabes cal é. Aínda non. Espero recitar palabras raras, mellor, que xa sei que che gustan. 

miércoles, 13 de abril de 2016

"Si (durante el vuelo) me pasará algo.." dijo Gagarin


Antes de que Gagarin tocara las estrellas, le escribió una carta a su compañera de vida diciéndole; "por favor, si me pasa algo no mueras de dolor. ¿Acaso hay algo más a lo que pueda aspirar un ser humano (a acariciar el universo desde fuera de nuestra atmósfera)?"

Hoxe eu douche a miña propria carta. Nela che direi que non teño intención algunha de morrer. Nin neste día chuvioso en Compostela nin ningures. A miña voluntade - porque esa quero que sexa a miña vida; unha viaxe na que a miña voluntade sea o meu único deus - é vivir perto do meu compañeiro, perto dos soños, das entrañas das cousas e dos pensamentos, das ideas e dos amañeceres na furgo. É unha viaxe que xa comezou fai tempo pero que, hoxe, é o mellor plan que poderíase ter; my Huckleberry friend, moon river and me.

E si pasara algo? Claro que pasará. Está pasando; é a vida. E é toda nosa ;)

miércoles, 6 de abril de 2016

Pandilleros



Porque xa non somos xoves e tampoco vellos. Somos infinitos...por un momento

A piques de termiñar un soño de inverno, comezo a preguntarme; qué traerá o noso futuro - o teu+o meu+o noso? E penso nos primeiros días xuntos e canto o sentía todo por alguén que non coñecía. E míroche agora e imaxino un futuro que aínda non existe como dous vellos deses que non saben que son vellos. Seica vivín xa unha eternidade lembrando os teus ollos de todos os cores e, hoxe, a isto súmase unha verdade que móstrase nas miñas entrañas e non deíxame durmir de intensidade, como a noite antes da viaxe da miña vida...e aínda que a viaxe da miña vida xa comezou fai moito...síntome tan pletórica de saber que encontreume ao zascandil imperfeito para esta moza tornado.

O noso hoxe é infinito
ate que a morte diga outra cousa
mentras tanto...