Páginas

domingo, 31 de julio de 2016

Poesía sen palabras



Nesa noite escintilante (Lembras? Non a lembrarás) éramos héroes.
Non sabíamos de normas nin leis nin restricción.
Vivíamos "a cada hora esclavos de la intensidad" (que tenros eses tempos nos que admiraba a Roberto Iniesta, antes de descubrir que era gilipollas).

Nesta noite...

Nesta noite somos libres. Libres do que nos avergoñábamos.
Xa non somos esclavos da intensidade nin da "extensidade".
Somos dous mortais que cren ser inmortais e, aínda así, siguen xuntos.

jueves, 7 de julio de 2016

Rutinas#


Decidín que non podía vivir (ben) sin a túa presencia real ou virtual un día calquera, despois de unha farra xuntos, unha dos moitas que estes dous crápulas con forma de chave e cerradura viveron. Descubrino porque nesa pérfida mañana non estabas ao meu carón na cama. Fun cabizbaixa cara ao salón. A ver que demos pasaba. Na mesa, unhas doce cervexas baleiras, pitillos e tabaco de liar polo chan. E lembrei que me susurraste cando te fuches a traballar que me preparaste zumo de laranxa e café. E decidín que non quería vivir (mal) sin a túa presencia ...tan real.